|
No Primeiro de Maio contamos contigo |
O 1º DE MAIO, ÁS 12:00 HS. DA MAÑÁN DIANTE DO CONCELLO DE VILAGARCIA, TODO/AS Á MANIFESTACIÓN CONVOCADA por CC.OO. e UGT.
Son continuos e masivos os despidos e peches de empresas que seguimos a padecer, co conseguinte aumento do paro; por si iso fora pouco, continúan as amenazas aos dereitos laboráis dos traballadores que tan escasos son e que tanto costóu conseguir: a patronal e a dereita por suposto, pero tamén o Goberno do PSOE queren impoñernos xubilación aos 67 anos, reducir a cuantía da pensión e das indemnizacións por despido, ir eliminando os contratos fixos, conxelación salarial, aumento do coste da vida (subida de IVA, do butano, gas, electricidade, transporte, intereses por préstamos etc...), reducción de gasto público en sanidade, ensino, obras ... E non sabemos cando voltarán "á carga" coa ampliación da xornada laboral semanal a 65 horas, e outras medidas contempladas na directiva Bolkestein para empeorar as condicións de traballo e de salario. Non nos esquezamos do fraude fiscal permitido pola Lei aos ricos que se suma ao fraude á Facenda, nin da corrupción na que nadan os polìticos ao servicio do capital e da que só se coñece unha pequena parte. E MENTRAS, COMO TANTAS VECES INSISTIMOS EN DENUNCIAR , OS GRANDES CAPITALISTAS, BANQUEIROS E EMPRESARIOS, A SUMAR E SUMAR SUPERBENEFICIOS ENGROSADOS POR SUBVENCIÓNS PÚBLICAS QUE SAEN DOS IMPOSTOS QUE PAGAMOS OS ASALARIADOS. HOXE COMO ONTE, A LOITAR POR UN CAMBIO REVOLUCIONARIO, POLA REPÚBLICA E O SOCIALISMO.
|