|
O PP ordena outro peche dun servicio público necesario |
|
A Xunta do PP continúa coa súa política de recorte da inversión e do gasto público e social, e de privatizacións; claro que agora argumentan que esa política non desentona para nada coa que fái o Goberno do PSOE, dócilmente ás ordes do FMI, Banco Mundial e da Unión Europea.
Estes días Feijóo ordenóu o peche en Vilagarcía o denominado Centro de Dinamización das Novas Tecnoloxías, que viña atendendo á numerosa demanda de información e formación de estudantes, traballadores/as e pequenos industriáis para o coñecimento e uso da informática e telemática. Con esta de  cisión de pechar o centro non só se manda ao paro ao persoal contratado para atender as súas funcións, senón que se obriga aos usuarios/as a ter que recurrir en toda circunstancia a cursos privados. Esta decisión, ¿cómo casa con toda a demagoxia electoral do xefes do PP, que fartánse de prometer nas eleccións autonómicas e nas xeráis que van a colocar a Galicia e ao Estado nos "primeiros postos da modernidade na formación e no coñecimento técnico e productivo..."?; por suposto si falamos de crear en Vilagarcía un centro de día para persoas dependentes, de convertir o Asilo nunha auténtica residencia da 3º edade, integrada nunha rede pública que dea resposta á demanda dunha atención de calidade etc..., para o PP (e ay, tamén para o PSOE CO QUE PACTÓU NO CONGRESO O "TECHO" DE GASTO PÚBLICO) é falar de luxos e gasto innecesario, como ocurre cos comedores escolares que quere pechar, coa eliminación da gratuidade dos libros de texto, e coa reducción real do gasto sanitario para favorece á sanidade privada. O Grupo Municipal de EU manifesta a súa oposición a este peche dun servicio público útil e necesario, e aníma a que se realicen medidas de protesta que a nosa organización está disposta a apoiar a tódolos níveles. |