|
¿Pero non había que apretarse o cinto? |
|
Sobre despilfarros habería moito que falar; por exemplo: estos días un xuiz da chamada Audiencia nacional está a tentar averigurar cantos cartos aportaron un grupo de bancos e grandes empresas españolas á....¿algún proxecto de necesidade social no noso país?
Non, á universidade de Nova York nun "curso sobre terrorismo internacional". As cantidades que están recoñecendo ter aportado totalizan uns 2 MILLÓNS DE DÓLARES, e os xenerosos donantes son BSCH, BBVA, CEPSA, TELEFÓNICA, TABACALERA, ENDESA etc... Todos grandes receptores de cartos públicos e empresas que ata non fái moito eran públicas e foran privatizadas nos Gobernos do PSOE e do PP por cantidades irrisorias, coa excusa entre outras de que así habería "libre competencia" e os precios dos seus servicios baixarían para maior felicidade do sufrido asalariado-consumidor. Estes son que agora dín que hai que apretarse o cinto e practicar austeridade...nós, os de sempre. Eles, veña a engordar beneficios que saquean ao pobo. |