NAS FÁBRICAS E NA RÚA A LOITA É POR UN CAMBIO REVOLUCIONARIO No "debate" no Parlamento de mediados de Xullo quedóu aínda máis claro que o Goberno do PSOE e o PP (con CiU e outros partidos da burguesía) coinciden plenamente nas medidas que se están tomando e nas que van a tomar na dirección de eliminar dereitos laboráis e sociáis, e de garantir que grandes sumas de diñeiro público van a continuar "traspasándose" ao gran capital, na súa vertiente financieira e tamén industrial, pero incluso sin ningunha contrapartida no referido á creación de postos de traballo; máis ben ao contrario, unha das consecuencias deste "plan de axuste" é continuar coa destrucción de forzas poductivas, máis peches de empresas, MAÍS PARO...
Máis aló do "teatro" que montan cara á galería, que forma parte da campaña de desinformación e mentiras que tamén impulsan cada ún cos seus medios e discurso para tentar conservar e/ou aumentar á súa base electoral, o único que eses partidos ao servicio dos ricos ofrecen ao pobo é: Suba da edade de xubilación e aumento dos anos cotizados para aminorar a cuantía da pensión; máis destrucción de emprego no sector privado e nas administracións e servicios públicos, e a reducción drástica na inversión pública; os recortes salariáis tamén nas empresas privadas, o abaratamento do despido, a xeneralización da contratación eventual, a perda de eficacia dos convenios colectivos (salarios, xornada, vacacións, prevención de accidentes etc.), máis "economía sumerxida" e menos ingresos para o estado, que ademáis aportarán caseque ao 100% os traballadores pero que sobre todo bengficiará ao capital privado; a eliminación nuns casos e o recorte noutros das axudas e prestacións sociáis- incluída a prestación por desemprego-, aumento do coste da vida e dos impostos directos e indirectos para os asalariados; o empeoramento das condicións e na calidade de asistencia sanitaria -pronto tentarán aprobar o "copago" e atacarán o dereito a estar de baixa no traballo por razóns de saúde o accidente-; un ensino público cada vez máis deteriorado... De reformas para que paguen os causantes e beneficiarios da crisis capitalista, nada de nada.
Mención aparte merece oa reforma pactada e aprobada da LORCA, Lei Orgánica que rixe as Caixas de Aforros. Xa explicamos nun artigo meses atrás que se estaba preprarando a legalización da privatización das caixas e queos seus activos pasen a engrosar os dos bancos, eliminándose xá toda referencia legal -que non se cumplía, por certo- de que esas entidades crediticias orientaran á súa actividade a fomentar e financiar necesidades sociáis e creación de emprego industrial nos territorios nos que teñen obrigas cos seus impositores. Esta operación de compra das caixas, ás costas e contra os tirulares das contas correntes, estáse a facer dándolle aos bancos usureiros e estafadores aínda máis miles de millóns de euros públicos. Esto si que é facer negocio de verdade para uns poucos que controlan e concentran todo o poder económico, político e social nas súas máns. Esto si que é a democarcia coronada e burguesa co pobo de tonto útil e víctima constante.
O DÍA 29 SETEMBRO, FOLGA XERAL PERO PARA PARARLLES OS PÉS DE VERDADE, PARA AVANZAR NA ACUMULACIÓN DE FORZAS POR UN CAMBIO REVOLUCIONARIO QUE ESTAMOS OBRIGADOS A CONQUISTAR, so pena de permitir unha volta atrás de incalculables consecuencias nos dereitos e aspiracións pasadas e presentes das masas traballadoras. Todo o demáis e enganarnos e enganar a esas mesmas masas.
|