euvilagarcia - O 29 SETEMBRO, FOLGA XERAL TAMÉN POLA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA E CONTRA A SÚA PRIVATIZACIÓN
 
 
Inicio
 
O 29 SETEMBRO, FOLGA XERAL TAMÉN POLA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA E CONTRA A SÚA PRIVATIZACIÓN
A estas alturas do ano,  tal e como mesmo lembrou recentemente algún medio de comunicación escrito, a poboación da comarca non sabemos nada das inversións que a Xunta de Galicia tiña comprometidas para a mellora e ampliación dos servicio de urxencias e quirófanos do Hospital do Salnés.
Ambos servicios, fundamentáis nun hospital digno dese nome, son hoxe claramente deficitarios para atender á demanda que existe. Esto non o decimos só os pacientes: tamén o denuncian os médicos e outro persoal sanitario do Hiospital, ademáis de que o recoñeceron responsables do SERGAS en xuntanza celebrada en Santiago fái uns meses con representantes políticos e sindicáis da comarca -entre eles de EU- para tratar o desenvolvemento do Plan Director e dos investimentos previstos. Tamén é certo que eses mesmos responsables deixaron claro entón que eles falaban como técnicos e profesionáis da saúde que constataban unhas necesidades asistenciáis, pero que non tiñan nin suficiente información nin capacidade de interloución para tratar o aspecto económico; esa era responsabilidade da Conselleira de Sanidade, pero a tal Srª  nin está nin se lle espera para dar explicacións nin recibir propostas e demandas..¿onde está o dereito legal á participación cidadán na xestión e planificación sanitaria?

 
Lembremos tres cousas:

  1. que a cidadanía de Vilagarcía e comarca nos movilizamos masivamente xá en varias ocasións para trasladar a nosa preocupación e o noso compromiso cunha sanidade pública, de calidade, dotada de suficientes medios humáns e materiáis.
  2. que exisimos unha xuntanza coa Conselleira do PP que ésta non quere aceptar.
  3. que para confundir, desmovilizar  e aparentar que asumían a presión da xente traballadora, o PP chegóu a anunciar públicamente que nos orzamentos da Xunta deste ano 2010 íase a habilitar unha partida de 1 millón de euros para avanzar na mellora do Hospital e tamén na creación dun necesario novo centro de saúde. Pero tampouco aparece por ningures ese millón -totalmente insuficiente, por outra banda-, polo que estamos ante unha nova burla e unha estafa social, pola que deberán dar conta Feijóo, Pilar  Farjas, a diputada autonómica e Concelleira do PP en Vilagarcía Marta Rodríguez (quen asumira o anuncio público do millón que non existe) e Tomás Fole, ínclito e impresentable candidato a alcaldía pola dereita franquista no Concello.

 

Dentro do marco global da movilización Obreira e popular contra  A CRISIS CAPITALISTA E AS SÚAS GRAVÍSIMAS CONSECUENCIAS NEGATIVAS PARA O POBO, é urxente que teñamos moi presente como unhas das reivindicacións máis importantes a levar novamente á rúa a exisencia de que se invista todo o gasto necesario para que o Hospital Comarcal do Salnés sexa de verdade un hospital e non un grande ambulatorio, como tantas veces EU temos denunciado. ASÍ PÓIS, o 29 SETEMBRO, TAMÉN FOLGA XERAL POLA DEFENSA E MELLORA INMEDIATA DA SANIDAD PÚBLICA, contra o seu deterioro interesado e contra a privatización dun dereito básico e fundamental que non pode ser un negocio para o capital privado.

 

Unha última nota: fái uns días a Xunta do PP ordenóu a Policia que atacara violentamente para retirar as pancartas que un grupo de representantes de Plataformas Comarcáis pola Defensa da Sanidade e de CC.OO. e CIG portaban nunha concentración en Santiago diante dun acto de publicidade e autobombo electoral de Feijóo e o SERGAS. Vivan os dereitos humáns...dos especuladores, banqueiros e grandes empresarios que nos asfixian.
 
 
JSN ImageShow - Joomla 1.5 extension (component, module) by JoomlaShine.com
Deudas, reformas y finanzas