euvilagarcia - VENRES 11 DE DECEMBRO, MANIFESTACION CIDADÁ contra as políticas privatizadoras da Xunta do PP
 
 
Inicio
 
VENRES 11 DE DECEMBRO, MANIFESTACION CIDADÁ contra as políticas privatizadoras da Xunta do PP
Tal e como xá anticipáramos en días atrás,  finalmente acordamos unha  nova movilización comarcal en defensa da sanidade pública e por un Hospital do Salnés dotado de tódolos servizos e medios necesarios para atender as necesidades da poboación. O VENRES 11 DE DECEMBRO, ás 20´00 Horas en Vilagarcía, MANIFESTACION CIDADÁ contra as políticas privatizadoras e a Xunta  do PP.  Esquerda Unida  impulsamos dende o principio esta manifestación, e a convocamos xunto con outras organizacións e colectivos, comprometendo o noso traballo militante para que as adhesións e a participación nesa manifestación sexan as maiores posibles.
Tamén  está organizado para o día 25 de Novembro, ás 19´30 hs. no Auditorio de Vilagarcía, un acto informativo e de debate sobre o presente e o futuro da sanidade pública e sobre as políticas privatizadores, que por certo non son exclusivas do PP, aínda que esta forza sexa a que está máis empeñada en aceleralas. Falará o médico Manuel Martín, con amplia experiencia na loita pola defensa da sanidade pública. Non faltes! e participa!!!
 
 
JSN ImageShow - Joomla 1.5 extension (component, module) by JoomlaShine.com
Deudas, reformas y finanzas