euvilagarcia - Aprobada no Congreso proposicion de Lei de IU para parar á privatización da sanidade pública
 
 
Inicio
 
Aprobada no Congreso proposicion de Lei de IU para parar á privatización da sanidade pública
Por suposto o PP votóu en contra da proposición de IU, e PNV, CiU e ERC se abstiveron argumentando que esta modificación da Lei invadía competencias autonómicas.
Con esta reforma lexislativa aprobada agora -haberá que ver ata onde se cumple o acordado-, xa non se poderá entregar a sanidade pública á xestión e financiación por parte de empresas privadas (bancos, aseguradoras, constructoras etc..). Agora temos máis armas para frenar os pláns privatizadores do PP en Galicia, en Madrid e Valencia (rexións nos que o dano feito e moito e moi grave), e que esixir que o  PSOE sexa consecuente coa rectificación que agora fixo en relación á Lei que propuxeran cando gobernaba Felipe González e que votaron a favor no primeiro goberno de Aznar.

Este avance Parlamentario é moi positivo e demostra aos traballadores a utilidade de votar a IU, pero como sempre lembramos...as victorias a favor dos intereses do pobo hai que conquistalas na movilización constante na rúa,  na diaria loita ideolóxica e política na sociedade. Neso estamos. Únete canto antes.
 
 
 
JSN ImageShow - Joomla 1.5 extension (component, module) by JoomlaShine.com
Deudas, reformas y finanzas