euvilagarcia - En defensa da sanidade pública
 
 
Inicio
 
En defensa da sanidade pública
“Toda persoa tén dereito a un nivel de vida axeitado que lle asegure, así coma á súa familia, a saúde e o benestar, e en especial a alimentación, o vestido, a vivenda, a asistencia médica e os servizos sociais necesarios; tén tamén dereito ós seguros en caso de desemprego, enfermidade, invalidez, viúvez, vellez ou outros casos de perda dos seus medios de subsisencia por circunstancias independentes da súa vontade.”

(Artigo 25º 1 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos)
 
 
1. A actual deriva privatizadora da sanidade e doutros servizos públicos tén a súa orixe nas políticas neoliberais aplicadas polos estados europeos a partir de 1992 coa aprobación do tratado de Maastricht. A este tratado opúxose no seu día Izquierda Unida (¿recordan como se descalificaba a Julio Anguita pola súa oposición a Maastricht?). Ben, pois aquí temos o resultado: o intento deliberado de desmantelar o Estado de Benestar.

2. A Lei 15/97 de “Nuevas Formas de Gestión”, votada no Parlamento por PP, PSOE, PNV, CiU e CC, permite a entrada da empresa privada directamente na xestión e provisión de servizos en hospitais e en centros de saúde. É neste escenario no que se produce a ofensiva privatizadora actual.

3. Recentemente I.U., a través do seu diputado Gaspar Llamazares, defendeu no pleno do Congreso a Proposición de Lei para garantizar a xestión pública do Sistema Nacional de Saúde, que resultou aprobada co voto favorable do PSOE e do BNG. En contra votou o PP e abstivéronse os nacionalistas de CiU, ERC e PNV.

O punto 3 do artigo único queda  redactado da seguinte forma: “As administracións públicas con competencias na atención sanitaria manterán, en todo caso, o carácter público en todo o referente á titularidade, financiación, xestión e provisión de servizos sanitarios e sociosanitarios”.

O diputado de I.U. detallou que a intromisión de entidades privadas na xestión da Sanidade Pública “supón un maior custo económico, ofrece unha eficacia ruinosa do sistema, e abre a porta a que os cidadáns se vexan obrigados a pagar para poder utiliza-los centros sanitarios e asistenciais”. Denunciou a “campaña xeralizada para desprestixiar e desmantela-los sistemas públicos de saúde, onde a dereita busca unha oportunidade de propicia-lo negocio a determinadas empresas”.

4. Esquerda Unida de Arousa fai un chamamento á cidadanía para que se mobilice polos seus dereitos:

* Pola defensa e mellora da sanidade pública.
* Pola defensa e mellora do Estado de Benestar: educación, pensións, seguro de desemprego e servizos sociais.
* Por unha política fiscal progresiva, na que paguen máis os que máis teñen: recuperación do imposto de patrimonio, aplicación dun imposto ás grandes fortunas, persecución do fraude fiscal, eliminación das SICAV e doutros paraísos fiscais.

Por todo isto, porque se trata de dereitos que repercuten no estado de SAÚDE da poboación, dicimos alto e claro:
 
 

¡A SAÚDE É UN DEREITO, NON É UN NEGOCIO!

 
 
 
JSN ImageShow - Joomla 1.5 extension (component, module) by JoomlaShine.com
Deudas, reformas y finanzas