euvilagarcia - Seguimos a apoiar as traballadoras de ALFAGEME
 
 
Inicio
 
Seguimos a apoiar as traballadoras de ALFAGEME
O xoves 17 Decembro, as/os  traballadoras/es das fábricas do grupo conserveiro Alfageme en Vilagarcía e O Grove interrumpiron o traballo ás 12´00 hs. e saíron para concentarse durante o resto da mañán e tamén pola tarde diante das oficiñas prinImagen activacipáis de CAIXANOVA  en céntricas rúas de ambas localidades, para presionar a esa entidade, ao BANCO POPULAR e á propia Xunta-IGAPE para que  se conceda de inmediato á Empresa un crédito "ponte" de dous millóns de euros que permita garantir a continuidade do grupo e dos postos de traballo, e abonar as nómina de Novembro, Decembro e extra de nadal.  Nesta movilización participaron activamente  Juan Fajardo, Ramón Bueno e Dolores Cuevas, nas súa doble condición de concelleiros de EU e militantes sindicáis de CC.OO.
 
O venres 18  a case totalidade do plantel da fábrica de Vilagarcía  tamén abandonóu o traballo para concentrarse en Vigo na  sede central de CAIXANOVA , logrando que dous directivos se reuniran  coas delegadas de CC.OO., o Secrtrº  Xeral da U.C. de Arousa e outras catro traballadoras, para escoitar directamente a esixencia de que os cartos da caixa se adiquen ao mantenimento dos postos de traballo.
Imagen activa
A representación de CC.OO. moi claro que si non se concede  un crédito de ata 9 millóns de Eutros que o IGAPE acordóu avalar, a Empresa entrará en situación concursal  e será prácticamente imposible evitar a súa liquidación. Esa medida non debe impedir que os actuáis propietarios da Empresa dean contas pola súa fraudulenta xestión, embolsándose cartos públicos que foran concedidos anteriormente para potenciar a actividade productiva.

Agora que tanto se fala das fusións e da absorción polos grandes bancos  das Caixas de Aforros, dende EU queremos deixar claro que para nós o debate principal é que as Caixas teñen que cumplir por fin a súa función legal de poñer recursos económicos ao servicio das necesidades sociáis, comenzando pola creación de emprego estable e a construcción e oferta da vivenda de calidade a precios asequibles para a clase obreira.
 
 
JSN ImageShow - Joomla 1.5 extension (component, module) by JoomlaShine.com
Deudas, reformas y finanzas