euvilagarcia - Campaña contra os "parkings" privados
 
 
Inicio
 
Campaña contra os "parkings" privados
Con importante repercusión nos medios informativcos e no conxunto da cidadanía, EU comenzamos en Vilagarcía a nosa campaña de información e denuncia para opoñernos aos pláns de continuar privatizando chán público pola vía de adxudicar a empresas aparcamentos subterráneos.
Lembremos que os "parkings" privatizados que xa existen non cumpliron as condicións da concesión, nin no referido á supeficie ocupada, nin na creación de emprego, nin en horarios nin en aportación económica ao Concello. Escandaloso é o caso do Parking da Pza. Xoán XXIII, cuia construcción causara gravísimos perxuizos en vivendas e  comercios  da zona, ademáis de que o Concello, dirixido entón polo ínclito alcalde do PSOE Gago, asumira a defensa dos intereses da Empresa fronte aos veciños e gastos que lles corresponderían a aquela. A Empresa que o promovéu  por certo está implicada no caso de corrupción Würtel e nos "papéis" de Pablo crespo, otrora secretario  do PP en Vilagarcía e hoxe en prisión.

EU non só  rexeitamos a construcción de novos Parkings nos terreos de FEXDEGA e na Praza de Abastos, senón que queremos que os xá existentes sexan realmente xestionados cun criterio de servicio público, con precios simbólicos regulados polo Concello e que a súa explotación redunde nas arcas municipáis.

Dentro desta campaña estamos a repartir  "discos" de zona azul co logotipo da nosa organización e coa consigna de NON AOS PARKING PRIVADOS e polo aparcamento gratuito.

Non está demáis que lembremos tamén que gracias á movilización da militancia de EU, no seu día impedimos que se continuara cobrando 1 Euro por aparcar nos terreos da antiga explanada TIR, medida recaudatoria tomada por Gago para financiar entre outras cousas o seu "supersalario" como Alcalde e o alto salario que saiú do orzamento municipal para pagar a Tomás Fole (co seu voto a favor, claro) simplemente por ser o concelleiro portavoz do PP.
 
 
JSN ImageShow - Joomla 1.5 extension (component, module) by JoomlaShine.com
Deudas, reformas y finanzas